a nosa banda

Esta banda comeza a escribir a súa historia  no ano 1985, pero non será ata catro anos despois cando a Banda conte con profesores especializados nos diferentes instrumentos, asumindo a dirección artística  Javier Comesaña Pereira ata o ano 1992. Será entón cando asuma tal función durante os seguintes sete anos  Julio Vázquez Martínez, que no ano 1999 cederá a batuta da agrupación a  Javier Viceiro Filguera. En 2006  Luis A.  González Amosa faixe cargo da dirección da banda durante 13 anos, ata que en xaneiro de 2020 foi relevado polo actual diretor José Rodríguez Ramos.

“O director da Banda”

José Rodríguez Ramos nace en Araño (Rianxo). Inicia os seus estudios musicais en Francia á idade de sete anos. Completa os estudios superiores de trompeta e inicia os de piano nos Conservatorios Superiores de Música de A Coruña e Santiago co maestro D. Maximino Boga, completando estos con cursos de perfeccionamento da trompeta con profesores como D. José María Ortí e D. Benjamín Moreno entre outros. En 1987 pasa a formar parte da Banda Municipal de Música de Santiago. En 1990 ingresa por oposición na Banda de Música Municipal de A Coruña. Dende o 2003 pasa a formar parte por oposición do corpo de profesores de Música e Artes Escénicas, desenrolando a súa labor profesional no Conservatorio de Música da Coruña e máis tarde no Conservatorio Profesional de Música de Santiago. Como trompetista actuóu ademáis cas seguintes agrupacións: Orquesta de Cámara de A Coruña. Coruña Brass, Grupo de Metales Santa Cecilia, Grupo de metales de Santiago, Banda Sinfónica de Galicia, Orquesta Sinfónica de Galicia, Orquesta Filarmonía de Santiago. Foi ademáis director da Banda de Música de Vilalba, Banda Artística de Merza e Banda de Música Santa Cruz de Ribadulla. Dende xaneiro de 2020 é director da Banda Escola de Música de Beade.
José Rodríguez Ramos

A BANDA de beade

Na actualidade a banda está integrada por 90 músicos.

Scroll al inicio