ACTIVIDADE DA ESCOLA
A escola conta con profesorado especializado.
As aulas dispoñen de todo o material necesario para o aprendizaxe musical.
No comezo de cada curso, o mes de setembro é de balde para novas inscripcións na nosa escola.
Ademais, poderán integrarse nas diferentes agrupacións musicais da escola sin custe económico.
XA CHEGOU O NADAL Á ESCOLA DE MÚSICA DE BEADE!
XA ESTAMOS PREPARANDO O NOVO CURSO NA ESCOLA DE MÚSICA DE BEADE!
A NOSA ESCOLA
Unha banda de música non se forma dun día para outro. É necesaria unha larga preparación tanto dos novos integrantes como dos músicos mais veteranos. Por iso a Banda mantén a súa propia escola de música co afán de ter unha ampla canteira de músicos coa que engrosar as filas da Banda.
A Banda Escola de Música de Beade ofrece clases de:
- Clarinete
- Frauta
- Fagot
- Percusión
- Trombón
- Trompa
- Trompeta
- Linguaxe musical
- Armonía
- Música e movemento
- Tuba e bombardino
- Violonchello
- Oboe
- Saxofón
- Práctica de conxunto
Se estás interesad@ en formar parte da nosa Banda ou en aprender a tocar un instrumento, podes falar con nós en calquera momento ou pasarte polo nosa escola polas tardes, onde te atenderemos sen ningún problema.
“A directora das Bandas Infantil e Xuvenil”
NOTICIAS DESTACADAS
CURSO 2021-2022
A pesar do COVID-19 a nosa escola seguiu coa súa actividade seguindo todas as medidas sanitarias establecidas polas autoridades sanitarias.
CURSO 2020-2021
A pesar do COVID-19 a nosa escola seguiu coa súa actividade seguindo todas as medidas sanitarias establecidas polas autoridades sanitarias.
CURSO 2019-2020
A pesar do COVID-19 a nosa escola seguiu coa súa actividade grazas o gran esforzo do profesorado e tamén do noso alumnado. Queremos agradecer aos pais e nais a confianza que depositan na nosa escola e esperamos que o vindeiro curso, esta gran familia que formamos continue crecendo moito máis.
a ESCOLA NO PERÍODO DE CONFINAMENTO
Dende a declaración do Estado de Alarma, as clases de música continuaron en modo non presencial a través de Internet. Pero isto non impediu que os alumnos e alumnas perderan a súa motivación, como proba ver este video musical…
a banda infantil
Integrada por alumnos da escola de música de entre 8 e 12 anos.
Esta agrupación creouse no ano 2012.
a banda xuvenil
Cada ano os alumnos mais aplicados aspiran a formar parte da banda principal. A cerimonia de incorporación faise coincidir coa celebración de Santa Icía no mes de novembro.
GALERÍA DE FOTOS DA ESCOLA
Música e Movemento
A clase de Música e Movemento que impartimos, é unha actividade que se realiza en grupo e está dirixida a nenos entre 4 e 7 anos. Ten unha duración dunha hora semanal.
O principal obxectivo desta clase é que o neno goce plenamente da actividade musical á vez que desenvolve as súas capacidades: afectivas, sociais, intelectuais, motoras, creativas…
Para acadar este obxectivo, na nosa escola a aprendizaxe realízase a través do xogo, empregando materiais e desenvolvendo actividades que resulten atractivas e teñan un especial significado para o neno: contos, xogos e cancións infantís, danzas, debuxos, imaxes, obxectos cotiáns…
A actividade desenvólvese a través da ducación vocal, auditiva e instrumental, o movemento e a danza, a linguaxe musical, as audicións e os concertos, a expresión plástica..
Asimesmo, este aprendizaxe fomenta en eles a idea da disciplina e da organización do traballo.