Web oficial

Banda Escola de Música de Beade

Atopa información relevante sobre a banda, a escola e moito máis!

Fórmate coa nosa banda!

Coñece a nosa escola de música!

Cun equipo de profesorado especializado e unha ampla oferta formativa, acompañamos cada alumno no seu percorrido musical, desde a iniciación ata niveis máis avanzados.

Volve a ver as nosas actuacións

Participación da Banda Escola de Música de Beade nos diversos Certámes Galegos

Colabora coa banda!

Faite socio da nosa banda

Ven ver á banda!

Próximas actuacións

20/06/2026

Concerto Praza do Barrio Cristo da Victoria de Coia (20:00)

31/07/2026

Concerto na Praza da Princesa ás 20:30h

05/07/2026

Festas de Coia

02/08/2026

Festa do Monte – Parque Forestal de Beade pola mañá

26/07/2026

Festas de Santa Ana (Beade)

10/08/2026

Praza da Princesa ás 20:30h

Coñece ao noso director

José Rodríguez Ramos iniciou os seus estudos musicais en Francia e formouse en trompeta e piano nos conservatorios superiores da Coruña e Santiago, completando a súa traxectoria con múltiples cursos de perfeccionamento. Desenvolveu unha ampla carreira como intérprete en destacadas agrupacións e como docente, ademais de exercer a dirección de varias bandas, sendo desde 2020 director da Banda Escola de Música de Beade.

Director

O que din de nós

Se tiveches unha boa experiencia coa Banda ou  Escola de Música de Beade, agradeceriámosvos moito que dedicásedes un minuto a deixarnos unha reseña en Google. A vosa opinión axuda a outras familias a coñecernos e a seguir medrando.

Adela Pintado

Valorado con 5 de 5

Escuela de música con grandes profesionales, comienzan desde edades tempranas con música y movimiento, pasando luego al lenguaje musical que les dará las competencias necesarias para la práctica, cuando elijan instrumento. Tienen Banda Infantil, Banda Juvenil y Banda de los mayores, teniendo la posibilidad de continuar con la música durante toda su vida. Es la escuela ideal para que los pequeños se inicien en el mundo de la música.

Valorado con 5 de 5

Magnifica escuela con casi 40 años de historia formando generaciones de jóvenes promesas musicales. Instalaciones y personal docente envidiable. Amplio aparcamiento y cafetería justo en frente. La formación musical más completa para todas las edades. Recomendados.

Rubén Pérez Duarte

María Pérez

Valorado con 4.5 de 5

Estamos muy contentos con la Escuela de Música de Beade. El profesorado hace las clases muy amenas y nuestro hijo ha aprendido mucho desde que empezó. Además de mejorar con su instrumento, ha ganado confianza y disfruta participando en las actividades de la escuela."

Resolvemos as túas dúbidas!

Sobre a Banda

A banda está aberta ao alumnado que adquiriu un nivel mínimo no seu instrumento e conta coa recomendación do profesorado. Tamén poden formar parte da banda músicos externos á escola que pasen a correspondente proba de admisión.

Formar parte da banda implica participar nun proxecto colectivo no que se interpreta repertorio en grupo, fomentando a convivencia musical e o traballo en equipo. Naturalmente, isto conleva un compromiso por parte dos músicos de asistencia aos ensaios e de participación nos concertos programados ao longo do ano.

A banda realiza ensaios regulares ao longo do ano, combinando preparación técnica e musical para as diferentes actuacións e concertos. Os ensaios teñen lugar principalmente os venres de 21 – 23:30h.

Sobre a Escola

A matrícula realízase a través da secretaría da escola ou neste formulario web. O equipo administrativo informa das prazas dispoñibles, horarios e pasos necesarios para formalizar a inscrición.

Ofrecemos formación en vento madeira, vento metal, percusión, corda frotada, ademais de música e movemento e formación teórica musical.

Si, sempre que haxa dispoñibilidade e previa consulta co profesorado, é posible adaptar ou cambiar a especialidade para axustala mellor ao interese do alumnado.

Actualmente a escola está orientada para traballar con nenos e rapaces novos, pero se tes interés en aprender un instrumento, contáctanos e valoraremos o teu caso.

A Xunta Directiva

Detrás de cada proxecto, ensaio e concerto hai un equipo humano que vela polo bo funcionamento da nosa entidade. Coñece ás persoas que forman a Xunta Directiva e que fan posible o día a día da nosa escola e banda de música.

Contacto

Atópanos

Estrada Coutada, 49, 36312 Vigo, Pontevedra

Chámanos

986243663 / 646630604

Escríbenos

bandabeade@gmail.com

ENTIDADES COLABORADORAS

Scroll al inicio