A clase de Música e Movemento que impartimos, é unha actividade que se realiza en grupo e está dirixida a nenos entre 4 e 7 anos. Ten unha duración dunha hora semanal.
O principal obxectivo desta clase é que o neno goce plenamente da actividade musical á vez que desenvolve as súas capacidades: afectivas, sociais, intelectuais, motoras, creativas…
Para acadar este obxectivo, na nosa escola a aprendizaxe realízase a través do xogo, empregando materiais e desenvolvendo actividades que resulten atractivas e teñan un especial significado para o neno: contos, xogos e cancións infantís, danzas, debuxos, imaxes, obxectos cotiáns…
A actividade desenvólvese a través da ducación vocal, auditiva e instrumental, o movemento e a danza, a linguaxe musical, as audicións e os concertos, a expresión plástica..
Asimesmo, este aprendizaxe fomenta en eles a idea da disciplina e da organización do traballo.