Coñece a Escola de Música de Beade!
Detrás de cada gran banda de música hai historias de esforzo, amizade e moito crecemento. Un músico non nace dun día para outro: fórmase con ilusión, constancia e o agarimo dunha gran familia.
Na Banda Escola de Música de Beade sabemos que a música é moito máis que tocar un instrumento; é unha ferramenta clave para o desenvolvemento emocional e intelectual dos máis pequenos. Por iso, coidamos con orgullo da nosa canteira, o verdadeiro motor que mantén viva a nosa tradición.
Que podedes aprender con nós?
Os nosos servizos
Temos un espazo para cada talento, dende os primeiros pasos ata a especialización:
Música e movemento
Iniciación musical a través do xogo, o ritmo e o corpo para desenvolver a sensibilidade e a expresión desde idades temperás (a partir de 4 anos)
Formación teórica musical
Aprendizaxe dos fundamentos da linguaxe musical para comprender, ler e interpretar a música con maior profundidade.
Especialización instrumental
Dispoñemos de profesores nas ensinanzas de vento madeira, vento metal, percusión e corda frotada.
Música en conxunto
Aprende tocando en grupo na nosa Banda Infantil ou na nosa Banda Xuvenil.
Matrícula aberta todo o ano!
Nunca é tarde para empezar a tocar o teu instrumento favorito! Na nosa escola a matrícula está aberta todo o ano para que te sumes ao noso ritmo cando ti queiras e sen presións.
Resolvemos as túas dúbidas
Preguntas máis frecuentes
Non. A maioría do alumnado comeza sen experiencia previa. O noso profesorado acompaña a cada estudante desde os primeiros pasos, adaptando o ensino ao seu nivel e ritmo de aprendizaxe.
Os nenos e nenas poden iniciarse na música desde os 4 anos. Contamos con programas adaptados a cada etapa do desenvolvemento para que a aprendizaxe sexa divertida, motivadora e axeitada ás súas capacidades.
Ofrecemos asesoramento personalizado para axudar ás familias a escoller o instrumento que mellor se adapte aos intereses, idade e características de cada alumno ou alumna. Tamén é posible probar diferentes opcións antes de tomar unha decisión.
Non sempre. Dependendo da especialidade, podemos orientar ás familias sobre cando é recomendable adquirir un instrumento e que opcións son as máis adecuadas para comezar. A escola dispón de varios instrumentos para alugar durante os primeiros cursos.
Si. Ao longo do ano organizamos audicións, concertos e outras actividades que permiten ao alumnado mostrar os seus progresos, gañar confianza e desfrutar da experiencia de tocar en público.
Sobre nós
O noso profesorado!
Contamos cun equipo de músicos e docentes apaixonados que acompañan ao alumnado en cada paso da súa aprendizaxe. A súa experiencia e dedicación garanten unha formación musical de calidade, próxima e adaptada a cada estudante.
Coñece as nosas instalacións
Aula música e movemento
Con mobiliario adaptado aos cativos. Dotada de piano para o docente e moitos instrumentos para os alumnos.
Aula linguaxe musical
Aula moi lumninosa, co mobiliario necesario para a docencia e dotada con piano para o o profesorado.
Local de ensaio
Sala ampla, con paredes recubertas de materiais especiais que axudan a reducir o ruído. Dotada con cadeiras a atrís para os músicos e instrumental de percusión.
Secretaría
Sala situada na primeira planta, dotada con fotocopiadora, e onde o conserxe controla as portas de acceso da escola e atende o teléfono.
Volve a ver a nosa audición de fin de curso 2025 - 2026



















Actividades da escola
Descobre todas as actividades realizadas pola escola no curso 2025 – 2026
Audición Fin de curso
Celebramos o fin do curso 2025 – 2026 cun concerto de música moderna.
Concerto da Banda Infantil e Xuvenil
As nosas bandas ofreceron o 16 de maio de 2026 un concerto moi especial no Auditorio do Concello de Vigo









