Coñece á Banda Escola de Música de Beade!
Facendo música dende 1985
A nosa historia
Esta banda comeza a escribir a súa historia no ano 1985, pero non será ata catro anos despois cando a Banda conte con profesores especializados nos diferentes instrumentos, asumindo a dirección artística Javier Comesaña Pereira ata o ano 1992.
Será entón cando asuma tal función durante os seguintes sete anos Julio Vázquez Martínez, que no ano 1999 cederá a batuta da agrupación a Javier Viceiro Filguera. En 2006 Luis A. González Amosa faixe cargo da dirección da banda durante 13 anos, ata que en xaneiro de 2020 foi relevado polo actual diretor José Rodríguez Ramos.
Esta banda participou en numerosas competicións, acadando os seguintes premios
Recoñecementos acadados recentemente
Segundo premio
XII Certame Galego de Bandas de Música
Primeiro Premio
VI Certamen Internacional de Bandas de Música «Ciudad de Benavente»
Segundo Premio
XIX Certamen Internacional de Bandas de Música Villa de Aranda
Primeiro Premio
XIII Certame Provincial de Bandas de Música de Pontevedra
Os nosos servizos
Como agrupación ofrecemos distintas modalidades de concertos e actuacións
Festas
Enchemos de ritmo, enerxía e ledicia calquera verbena ou celebración popular .
Concertos
Ofrecemos un espectáculo musical único e coidado, cun repertorio amplo que conecta co público en auditorios e prazas.
Procesións
Acompañamos os actos relixiosos coa máxima solemnidade e a calidade musical que cada tradición merece.
Queres contar connosco para o teu evento?
Se necesitas unha banda para amenizar a túa festa ou día especial, non o dubides e contáctanos!
O director
Como trompetista actuóu ademáis cas seguintes agrupacións: Orquesta de Cámara de A Coruña. Coruña Brass, Grupo de Metales Santa Cecilia, Grupo de metales de Santiago, Banda Sinfónica de Galicia, Orquesta Sinfónica de Galicia, Orquesta Filarmonía de Santiago. Foi ademáis director da Banda de Música de Vilalba, Banda Artística de Merza e Banda de Música Santa Cruz de Ribadulla. Dende xaneiro de 2020 é director da Banda Escola de Música de Beade.
![P1560858[1]](https://bandabeade.com/wp-content/uploads/elementor/thumbs/P15608581-scaled-pu4tjzrsf4kdwq4ezyfnrl2bqvtvz1azi89ccppl1i.jpg)
![P1560857[1]](https://bandabeade.com/wp-content/uploads/elementor/thumbs/P15608571-scaled-pu4tik2nz8lm667idu36gg3z2owp7olqz4dmyhu8jq.jpg)
![P1560856[1]](https://bandabeade.com/wp-content/uploads/elementor/thumbs/P15608561-scaled-pu4th84waorzq2555rd7fa7gs1gzb4bfsj3vhdtbd2.jpg)
![P1560855[1]](https://bandabeade.com/wp-content/uploads/elementor/thumbs/P15608551-scaled-pu4tg3pu4t8nutruprw8y2en8h0744uzaz1zuhh8sm.jpg)
![P1560854[1]](https://bandabeade.com/wp-content/uploads/elementor/thumbs/P15608541-scaled-pu4texf3l9mrcdhakrm1bv2wi4sohr7255p5917ykm.jpg)
![P1560851[1]](https://bandabeade.com/wp-content/uploads/elementor/thumbs/P15608511-scaled-pu4tdlhbwpt4w9excow2ap6e7hcyl6wqykfdrx71dy.jpg)

A BANDA de beade
Na actualidade a banda está integrada por 90 músicos.









